Diario de Crosses Green supón o regreso de Martín Veiga á reflexión sobre o tempo e os seus misterios. Esta obra contén poemas que tenden unha ponte entre esta e a outra banda do río; que non é só metáfora móbil da vida, senón que é a vida mesma a acontecer, a se tornar nitidamente real ante a ollada atenta ao devalo das augas. Concibido e escrito na súa totalidade en Irlanda, o autor interrógase neste libro sobre o sentido do lugar e establece un diálogo aberto cos ecos dunha tradición plural; mais tamén coas luces e coas sombras do presente máis visible e inmediato.